MáisBus

Versión web cos datos en tempo real, traxectos e horarios dos autobuses urbanos en Compostela

Obter paradas próximas (require permitir xeolocalización)

Seleccione liña

Incidencias activas na rede

Novo desvío L8 obras García Lorca (desde 21/10)

Novo desvío na liña 8 por corte total de tráfico en García Lorca (a partir do mércores 21/10/2026)
Con motivo das obras que teñen lugar na rúa García Lorca, a liña 8 realizará o seguinte desvío:
*A partir do 21 de outubro de 2026:
-L8 sentido Vilares / Tanatorio: desde a pza. da Paz desviarase por San Caetano, pza. España e Irmandiños, retomando na Travesa do Cendal.
-L8 sentido centro / Vidán: despois da Travesa do Cendal desviarase pola rúa dos Irmandiños, pza. España e San Caetano, retomando o seu itinerario habitual na pza. da Paz.
Quedarán suprimidas as paradas:
-238 + 239, Federico García Lorca nº 20 e nº 21
-237 + 240, Federico García Lorca nº 8 e nº 14
-60 + 61, avda. de Castelao (cruce García Lorca e parque Pablo Iglesias)
Os autobuses farán 2 paradas alternativas por cada sentido de circulación:
*na Travesa do Cendal, antes de chegar ao cruce con García Lorca.
*na rúa San Caetano, no parque e na igrexa.
Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar. 

Desvío nas liñas C5 e C6 por corte na rúa da Mira

Desvío nas liñas C5 e C6 por corte de tráfico na rúa da Mira (a partir do martes 17/11)
A partir do martes 17 de novembro e durante catro meses aproximadamente, a rúa da Mira (Amio) pecharase ao tráfico e as liñas C5 e C6 realizarán o seguinte desvío:
*Desde a rúa da Muíña as liñas desviaranse por Porto de Amio e rúa da Mariñeira, para continuar pola rúa de Seoane en sentido ao polígono de Costa Vella.
Quedarán suprimidas no horario indicado as seguintes paradas: 
*527, rúa do Cubelo, praza (parada alternativa no cruce).
*528, rúa do Cubelo nº 67.
*399, Porto do Medio.
*470, rúa da Mira 1.
*471, rúa da Mira 2.
*472, rúa da Mira 3 (parada alternativa no cruce coa rúa Mariñeira).
Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.