MáisBus

Versión web cos datos en tempo real, traxectos e horarios dos autobuses urbanos en Compostela

Obter paradas próximas (require permitir xeolocalización)

Seleccione liña

Incidencias activas na rede

Actualización desvío da liña 8. Obras García Lorca

**ACTUALIZACIÓN: a partir do luns 2 de febreiro e mentres non se reanuden as obras, a liña 8 realizará o seu percorrido habitual nos dous sentidos de circulación pola rúa García Lorca.
Modificación no desvío da liña 8. Obras García Lorca (a partir do xoves 13/11/2025)
A liña 8 recupera o itinerario habitual no sentido de circulación desde avda. de Castelao á Travesa do Cendal:
*Ao igual que na primeira fase das obras, a partir do 13 de novembro:
*L8 sentido Vilares / Tanatorio: poderá realizar o percorrido habitual.
Parada alternativa engadida: Travesa do Cendal, circulando cara Camiño dos Vilares.
*L8 sentido centro / Vidán: despois da Travesa do Cendal desviarase pola rúa dos Irmandiños, pza. España e San Caetano, retomando o seu itinerario habitual na pza. da Paz.
Paradas suprimidas: (239) Federico García Lorca nº 21; (240) Federico García Lorca nº 8; e (60) avda. de Castelao (cruce García Lorca).
Paradas alternativas engadidas: Travesa do Cendal, antes de chegar ao cruce con García Lorca; e (552) San Caetano, parque.
Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

Desvío por obras rúa Amor Ruibal

Desvío por corte de tráfico na rúa Amor Ruibal (a partir do 24 de febreiro)
Con motivo das obras na rúa Amor Ruibal, cortarase ao tráfico o sentido de circulación de saída da cidade. As liñas que circulan pola zona realizarán o seguinte desvío: 
A partir do 24 de febreiro de 2026:
(LIÑAS CIRCULANDO EN SENTIDO CENTRO CIDADE):
Non realizarán desvíos, se ben a parada 42, Amor Ruibal nº 17, será traslada a un punto próximo a medida que avancen as obras na beirarrúa.
(LIÑAS CIRCULANDO EN SENTIDO SAÍDA CIDADE):
Liñas afectadas: 6 (traxecto San Marcos – Os Tilos), 12 (traxecto hospitais – Os Tilos), C5 e P3 (traxecto V. Inclán – Susana).
Despois da parada 41 (Amor Ruibal, cruce Pintor Laxeiro) baixo a ponte do ferrocarril, irán polas rúas Pintor Laxeiro e Camilo Otero, retomando o seu itinerario habitual na vía de servizo do Restollal (parada 671, Restollal, rotonda con Luís Iglesias).
-Quedará suprimida a parada 40, Amor Ruibal, IES Pontepedriña.
Os usuarios poden dirixirse ás paradas anterior ou posterior dos percorridos (as citadas paradas 41 e 671).
Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

Desvío corte Santiago León de Caracas, sábado 11/4

Desvío nas liñas 6, 6A, 12, 15, C4, C5 e P3 por corte na rúa Santiago León de Caracas (sábado 11/4, de 7:00 a 9:00)
Con motivo dun corte de tráfico na rúa Santiago León de Caracas, o sábado 11 de abril entre as 7:00 e as 9:00, as liñas indicadas realizarán o seguinte desvío:
*Continuarán pola rúa da Rosa e Fernando III O Santo, retomando o seu itinerario na rúa do Hórreo. A liña 15 seguirá pola rúa da Rosa ata Santiago de Chile, sen baixar ata a rúa do Hórreo.
Quedará suprimida neste horario a parada 591, Santiago León de Caracas (centro de saúde). Os usuarios poden dirixirse ás paradas anterior ou posterior de cada liña:
-Parada anterior: para todas as liñas, (479) rúa da Rosa.
-Parada posterior: 
Liñas 6, 12, C5 e P3: (41) Amor Ruibal, cruce Pintor Laxeiro
Liña 15, (590) Santiago de Chile nº 31
Liñas 6A e C4, (691) Hórreo, estación Intermodal.
Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar. 

Desvío por corte en Xeneral Pardiñas (sábado 11/4)

Desvíos por corte de tráfico na rúa Xeneral Pardiñas (entre Ponte Castro e Rep. do Salvador) entre as 8:00 e as 12:00 do sábado 11/4
No horario e día indicados, as liñas 5, 13, 15, C11 e P6 realizarán os desvíos seguintes:
Queda suprimida totalmente a parada:
-673 Xeneral Pardiñas nº 35
*Liña 5 (traxecto Rocha – Vite), liña 15 (traxecto Campus Sur - Campus Norte) e liña P6 (traxecto rúa da Rosa - Polígono do Tambre): desde República Arxentina desviaranse pola praza de Ponte Castro, rúa do Hórreo e Rep. do Salvador para acceder ao seguinte tramo e á segunda parada de Xeneral Pardiñas (nº 7, cruce con Montero Ríos).
*Liña 13: desde Doutor Teixeiro irá por Rep. do Salvador para acceder á segunda parada de Xeneral Pardiñas (nº 7) e iniciar de novo a Belvís.
*Liña C11: desde a rúa Santiago de Guayaquil continuará por Rep. do Salvador para acceder igualmente á segunda parada de Xeneral Pardiñas.
Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.